AUDIO

POEMA PROFUNDO 2021


Gravado en Bexán, Casas Novas, O Tremo, Santiago de Compostela

Ramón Cruces: guitarras, voces
Lois Gil: voz, teclado, coros, percusión
Pedro Lamas: teclados, voces
Roque Mosquera: batería, percusión, baixo
Antonio Rivas: baixo, percusión, guitarras

Coa participación de:
Pepe Barxa: percusión
Nacho García: percusión, teclado
Laura LaMontagne: voz, coros
Constante Lema: frauta
Diego Negro: guitarra, coros
Santi Ruanova: voz, percusión

Nos créditos dos temas, os músicos son presentados na orde na que aparecen

Mesturado e masterizado por Antonio Rivas, en Santiago de Compostela


Con todo o noso cariño, para Elendil

POEMA ELEVADO 2014-2018




Antonio Rivas: baixo, guitarra, voz, coros
Lois Gil: voz, teclado, coros
Pedro Lamas: teclado, voz, coros
Ramón Cruces: guitarra, voz, coros
Roque Mosquera: batería, baixo, guitarra, coros
e tamén
Manolo Pereira: guitarra e voz sintetizada
Nacho García: voz, teclado, kalimba, harmónica, coros
Santi “Buho” Ruanova: baixo

Gravado non Tremo (Brión, A Coruña), Bexán (O Saviñao, Lugo), Casas Novas (Rois, A Coruña), Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo, Ourense) e Santiago de Compostela (A Coruña), entre marzo de 2014 e febreiro de 2018.

Producido por Antonio Rivas e Roque Mosquera
Mesturado e masterizado por Antonio Rivas en Santiago de Compostela

Deseño dA portada: Lois Gil
Fotografía de portada: Nacho García

Agás onde se indique outra cousa, todas as músicas son dos intérpretes que participan nos temas. Ad Hoc é un organismo vivo e multipersoal, criatura do mundo dos soños, cuxas razóns de ser non son outras que a amizade e a creatividade, como vías para deixar soñar, por uns días, ao artista que habita o interior de cada un de nós e dos amigos e amigas que nos acompañan. É ese espírito de diversión e creación, mesturado co do 68, o que impulsa a produción musical en cada unha das nosas xuntanzas, ou “filloaldeas”. Estas adoitan ser nuns poucos días e noites nas que o elemento esencial é a improvisación. Ninguén sabe o que se vai tocar, nin os demais nin el mesmo. Velaí o retrato sonoro que recolle o comezo de Ignoro a Deus. O produto inicial son horas e horas de gravación, en moitas ocasións tomas sen máis título que un número. Despois lévase a cabo un longuísimo proceso de selección de temas, que é seguido polo acurtado daqueles que poidan pagar a pena ao suprimirse as partes máis frouxas. Logo segue a corrección dos inevitables erros que cometemos aqueles de nós que non pasamos de ser músicos afeccionados. Ás veces tamén a incorporación, en novas filloaldeas, de engadidos dalgún instrumento, voces ou coros. E por último as longas horas de mesturado, coas que corrixir os defectos de gravación debidos ás condicións caseiras nas que son realizadas. Porque nada do que aquí se escoita é gravado nun estudio, senón no salón dunha casa, e case sempre con pouco espazo e demasiado volume como para evitar a contaminación sonora dos sinais que recollen os micrófonos. Pero iso non importa. Pois por enriba de todo están os momentos nos que a individualidade se disolve na construción colectiva e a acción se volve creación. Son eses momentos os que posteriormente, ao seren escoitados de novo, fan medrar a ansia de volver xuntarnos. A música é unha escusa para o encontro, ou quizais o encontro sexa a escusa para a música, quen sabe. O principal desta música é que nos permite revivir bos momentos, que nos gustaría poder compartir contigo, amigo ou amiga que tamén gozas dela. Imitando o título do famoso disco de Pink Floyd, oxalá estiveses alí.

POEMA BIOLENTO 2016



Ramón Cruces: guitarra, voz, coros
Lois Gil: voz, teclado, baixo, guitarra, coros, harmónica
Pedro Lamas: teclado, coros
Roque Mosquera: batería, percusión, baixo, coros
Antonio Rivas: baixo, guitarra, voz, percusión, coros
e tamén
Denise Freire: voz, coros
Xacobe Lamas: violín

Gravado en Casas Novas (Rois, A Coruña), O Tremo (Brión, A Coruña), A Pena de Proendos (Sober, Lugo), Bexán (O Saviñao, Lugo) e Santiago de Compostela, entre marzo de 2010 e abril de 2014.
Producido por Antonio Rivas e Roque Mosquera
Mesturado por Antonio Rivas en Santiago de Compostela
Masterizado por Roque Mosquera en Santiago de Compostela
Deseño da portada: Lois Gil
Fotografía de portada: Carlos Tejo

Agás onde se indique, todas as músicas son dos intérpretes que participan nos temas, pois son froito da improvisación…

O LIBRO DA SELVA. 2012



Lois Gil
Pedro Lamas
Ramón Cruces
Antonio Rivas

1. Chove (4:27). Ramón: guitarra; Antonio: baixo, percusión electrónica; Lois: guitarra, voz; Pedro: teclado Palabras: Cándido Duro
2. Soldados (6:49) Pedro: teclado; Lois: voz; Ramón: guitarras; Antonio: guitarra Palabras: Gustavo Caso Rosendi Sons de percusión tomados de Freesound (www.freesound.org), de sandyrb.
3. Noite longa (3:24) Pedro: teclados; Antonio: baixo, guitarra; Ramón: guitarras; Lois: voces Palabras: Cándido Duro
4. A fama (3:18) Ramón: guitarra; Antonio: baixo; Lois: guitarra; Pedro: voz Palabras: Billy Childish
5. A fin de cuentas (I) (7:19) Ramón: guitarra; Antonio: baixo; Lois: voz; Pedro: teclados Palabras: Billy Childish
6. Arranquei os pelos (4:47) Pedro: voz; Antonio: percusión electrónica, baixo; Ramón: guitarra; Lois: guitarra Palabras: Pedro Lamas
7. Sálvese quen poida (5:14) Pedro: teclado; Antonio: baixo; Lois: voz; Ramón: guitarra Palabras: Lois Gil Voz de Richard Nixon tomada de youtube (discurso pronunciado o 18 de abril de 1973).
8. Aquis (0:55) Pedro: teclado
9. Tremo Ad Hoc (6:54) Lois: guitarra, teclado; Antonio: baixo; Pedro: teclado, voz; Ramón: guitarra Palabras: Pedro Lamas Sons de astronautas cedidos por Sven Grahn, http://www.svengrahn.pp.se/
10. A fin de cuentas (II) (4:17) Pedro: teclados; Ramón: guitarra; Antonio: baixo; Lois: voz, guitarra Palabras: Billy Childish


Gravado en O Tremo en abril e novembro de 2011 (agás "Sálvese quen poida, de xullo de 2010). Producido por Antonio Rivas, en Santiago de Compostela, entre setembro de 2010 e marzo de 2011.


Agradecementos: Aos pais de Pedro, por deixarnos a súa fermosa casa de O Tremo Sven Grahn e o seu marabilloso sitio sobre o espazo, http://www.svengrahn.pp.se/ Freesound, www.freesound.org

O CORAZÓN MANCADO 2011


Ramón Cruces: guitarra, voz e piano
Lois Gil: voz, guitarra, baixo e piano
Pedro Lamas: teclado e voz
Antonio Rivas: baixo, guitarra, teclado e voz


1. Prólogo: O acto de ser (2:33)

Pedro: piano inicial, teclado, voz
Lois: voz, piano final
Antonio: baixo, guitarra, voz
Ramón: guitarra, voz

Palabras: fragmento de "Atraviésame tiempo" de César Fernández Moreno.

Gravado en O Tremo o 19 de abril de 2011, e o 4 de maio de 2011 en Santiago de Compostela.

2. No corazón mancado (6:08)

Pedro: teclado
Antonio: baixo
Ramón: guitarra
Lois: voz

Palabras: "No corazón mancado", de Xosé Vázquez Pintor.

Gravado en O Tremo o 19 de novembro de 2010, o 18 de abril de 2011 e o 26 de marzo de 2011 en Casas Novas.

3. Política (Fillos da época) (4:34)

Ramón: guitarra
Antonio: baixo, 3ª guitarra
Lois: voz, 2ª guitarra
Pedro: teclado

Palabras: "Fillos da época" de Wislava Szymborska.

Gravado en O Tremo o 3 de xullo de 2010 e o 9 de maio de 2011 en Santiago de Compostela.


4. Sobre la muerte, sin exagerar (5:30)

Antonio: baixo
Ramón: guitarra
Pedro: teclado
Lois: voz, guitarra

Palabras: "Sobre la muerte, sin exagerar" de Wislava Szymborska.

Gravado en O Tremo o 26 de febreiro de 2011.


5. A vida boa (5:06)

Ramón: guitarra
Antonio: baixo
Lois: voz, segunda guitarra
Pedro: teclado

Palabras: "A vida boa", de Ramón Sampedro.

Gravado en O Tremo o 20 de novembro de 2010 e o 25 de febreiro de 2011.

Voz de Ramón Sampedro tomada dun vídeo en www.youtube.es, do programa "A caixa negra" da TVG.


6. Hai un mimo no ascensor (nana) (5:31)

Antonio: baixo
Pedro: teclado
Ramón: guitarra
Lois: voz

Gravado en O Tremo o 2 de xullo de 2010.


7. Billie bica o blues (4:14)

Antonio: baixo
Ramón: guitarra (e piano)
Lois: voz
Pedro: voz, teclado

Palabras: tomadas de "Billie bica o blues" e "Caír no cedo centro da indecencia" de Ramón Caride Ogando.

Gravado en O Tremo o 19 de novembro de 2010 e o 25 de febreiro de 2011.


8. Silva Tapada (7:00)

Antonio: guitarra, segunda voz
Lois: baixo
Pedro: voz
Ramón: guitarra

Palabras: "Silva Tapada" de Pedro Lamas.

Gravado en O Tremo o 2 de xullo de 2010 e o 4 de maio de 2011 en Santiago de Compostela.


9. Xudeus e arios (5:05)

Pedro: teclados, piano
Antonio: baixo
Lois: guitarra, voz
Ramón: guitarra

Palabras: "Xudeus e arios" de Antonio Rivas.

Gravado en O Tremo o 19 de novembro de 2010 e o 25 de febreiro de 2011.

Efectos sonoros: "50s to 425" (44837) e "By 5s to 50" (45399) de alphahog, e tamén "Dutch Stock Exchange" (35030) de Tuig, tomados de www.freesound.org.


10. Epílogo: Adeus (3:41)

Antonio: teclado
Ramón: guitarra

Gravado en O Tremo o 20 de novembro de 2011.


11. Manifesto (6:21)

Antonio: baixo (o sintetizador toma as notas do baixo)
Ramón: guitarra
Lois: voz
Pedro: voz

Palabras: "Manifiesto" de Nicanor Parra (tradución ao galego de Lois Gil).

Gravado en directo no Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago de Compostela) o 18 de marzo de 2011. O vídeo está dispoñible en www.youtube.com/watch?v=PiU9zhHSFTA


Tempo total: 55:40

Producido por Antonio Rivas, en Santiago de Compostela, entre decembro de 2010 e xullo de 2011.

Portada: Lois Gil


POESÍA E ACCIÓN 2011

"Poesía e acción" 12 improvisacións de
 Lois Gil: voz, guitarra (e máquina de escribir) 
Pedro Lamas: voz, teclado 
Ramón Cruces: guitarra, harmónica (e voz) 
Antonio Rivas: baixo, guitarra, teclado 
Xacobe Lamas: violín 

1. Poesía é acción (6:04) [Música: Pedro, Lois, Antonio, Ramón. Palabras: “A loita continúa”, de Claudio Rodríguez Fer] 

2. (Huir) Práctica de la utopía (6:51) [Música: Antonio, Lois, Pedro, Ramón. Palabras: “Práctica de la utopía”, de Diego Doncel] 

3. Manifiesto (5:50) [Música: Lois, Pedro, Ramón, Antonio. Palabras: “Manifiesto”, de Nicanor Parra] 

4. El coche matrícula... (4:21) [Música: Antonio, Pedro, Lois, Ramón] 

5. Pola China (6:03) [Música: Pedro, Xacobe, Antonio, Lois] 

6. Práctica de la utopía (6:15) [Música: Antonio, Pedro, Lois, Ramón. Palabras: “Práctica de la utopía”, de Diego Doncel]. 

7. Amencer orbital (2:40) [Música: Pedro, Ramón] 

8. Declaración de liberdade (5:39) [Música: Pedro, Lois, Antonio. Palabras: “Declaración de liberdade”, de Pedro Lamas] 

9. Tranquilamente (7:18) [Música: Pedro, Lois, Antonio. Palabras: “Poemas de amor ausente”, de Lois Gil] 

10. Filloaldeáns (8:53) [Música: Xacobe, Lois, Pedro, Antonio] 

11. Ausencia (6:01) [Música: Pedro, Ramón, Lois, Antonio] 

12. A loita continúa (4:43) [Música: Pedro, Antonio, Ramón, Lois. Palabras: “A loita continúa”, de Claudio Rodríguez Fer] 

Gravado en O Tremo (Brión – A Coruña – Galicia – España – Europa – Terra) o 19, 20 e 21 de febreiro de 2010. Producido e masterizado en Santiago de Compostela, por Antonio Rivas, entre febreiro e xuño de 2010 (con Reaper 3.52). Sons de fondo tomados de FreeSound Project (www.freesound.org): En “Manifiesto”: “Motorway passing cars 3” de Robinhood76. En “Pola China”: “Bamboo” de gmni, “Longswelloop” de ricemutt, “Life is beautiful Chinese2” de cajo e “Hallo market” de jmfh. 

Antonio Rivas: baixo en 1, 3, 4, 5, 6, 10 e 12; teclado en 2 e 8; guitarra en 9 e 11. 
Lois Gil: voz en 1, 3, 4, 8, 9 e 12; guitarra en 2, 5, 6 e 10; máquina de escribir en 11e 12. 
Pedro Lamas: teclado en 1, 2, 3, 4, 5, 7, 9, 10, 11 e 12; voz en 2, 6, 8 e 9. 
Ramón Cruces: guitarra en 1, 2, 3, 4, 6, 11 e 12; efectos de voz en 2 e 7; harmónica en 2. 
Xacobe Lamas: violín en 5 e 10.

Comentarios

Publicacións populares