CESURES-CHINA (Libro CD)
Velaquí a agarimosa introdución que fai Pedro a esta reedición ampliada deste vello artefacto chamado Cesures-China. Vaia por diante o meu amor a Pedro e a Antonio por ese afán habelencioso que poñen en todo o que tocan. E, como non, a Ramón, a Roque, a Nacho e a Víctor por acompañarme nesta aventura improvisada que tanta vida nos dá. Podedes escoitar ou descargar a música a través do QR.
Unhas antigas fotos de China teceron unha imposible historia familiar que prendeu en cesures-china.
Cando fomos á fundación Guilherme Coussul de Lisboa a presentar os poemas musicados, ben acompañados de Ramón na guitarra, produciuse un silencio apabullante que se prolongou un tempo tras a actuación. Nunca soubemos se triunfou o fracasou, mais que importa...
Máis tarde sumóuse Antonio e actuamos no CGAC co gallo do Día Internacional da Poesía.
Recentemente, Antonio orquestrou maxistralmente os poemas sobre a base da composición para piano.
Camaradas adhoquianos, da tribo celena, filllos de aldea, celebremos a revolución da primavera, do renacer destes marabillosos versos, retumban ghranadas en cada bico, e despois só fica o silencio.
Pedro Lamas / Ad-Hoc, marzo de 2025
Comentarios
Publicar un comentario