FILOCAFÉ A ELECTRICIDADE

Un filocafé é un espazo publico de intercambio sometido a un tema previamente escollido, con entrada gratuíta. A electricidade foi, desta vez, o reclamo para a expresión libre no local de Nascente, Cooperativa de Acción Cultural, en Espinho. Portugal. A convocatoria correu a cargo da Asociación cultural Extrapolar e da Incomunidade. 

A acción consistiu nunha improvisación poético musical a partir de dous poemas de Celaya e Valente e dunha acción poética, científico-experimental, con apostilla teórica, a cargo do doutor Antonio Rivas.

Guitarra eléctrica: Ramón.
Caixón flamenco: Roque.
Textos e imaxe: Lois.
Baixo, experimentos, produción sonora: Antonio.
Amor: Pedro.




Comentarios

Publicacións populares